O importante nunha casa é priorizar, rentabilizar e organización.

Cando vaiamos a facer  a mercar productos de limpeza, o primeiro e mirar prezo, calidade e que serva para limpar varias zonas da casa porque así evitaremos ter a despensa chea de productos que a mitade deles non os vamos a usar.

Nun anterior post falabamos da importancia que ten o coidado do chan de madeira. Moitos son os productos que se anuncian para o seu mantemento, pero para a miña humilde opinión, ningún eficaz salvo as ceras.

Por iso unha boa de limpeza cun producto neutro semanal é sufciciente. Pero podedelo mercar pensando en que serva para varias superficies e así teredes uns botes menos na despensa.

E para protexer o brillo do chan de madeira, unha vez cada quince días…… suavizante da roupa. Sí, o que leedes está ben escrito.

Despois de anos de probas, de ver como quedaba o chan, con marcas, sen brillo….. optei que o mellor é suavizante común da roupa. Hai algúns que son mais graxos que outros e deixarán marcas de fregado no piso, por iso vos tendes que fixar nos ingredientes. Con só isto o piso volverá a brillar e deixará un aroma moi rico nas estancias.

É un truco económico é moi doado. Só lle tendes que añadir un tapón de suavizante o cubo da fregona con auga ben quente. O resultado é óptimo.

Ata a próxima