Teño que recoñecer que cando empecei facendo a nosa primeira feira, comecei con nervios, con ansia de que o mercado nos coñecera, de que veran os nosos servizos e que viran en nós unha empresa de confianza e cun equipo de profesionais detrás que nos avala. Tamén enseñarvos a todos as nosas promocións, a nosa tarxeta regalo, o vale desconto…….. o noso mundo.

E sí, estanos a gustar esto de “feirear”, non só por facer clientes senón por coñecer xente nova, emprendedores coma nós, xente con mundo que intercambia ideas, a nova xeración.

Todo o traballo que pasamos cando montamos e desmontamos o noso stand de Limpezas Durán danos a satisfacción de ver os resultados de meses de traballos, ideas de exposición e ganas de comezar etapas novas neste mundo das feiras.

É certo que todo custa, o tempo non chega nada, os clientes habituais teñen que ser atendidos aínda que a feira esté coas portas abertas, as horas fanse curtas e as noites non chegan para descansar. Pero todo ten o seu froito, a cosecha está sendo boa, e eso é o que nos da a forza suficiente para seguer en pe.

Anécdotas, risas, traballo en equipo, amistades, coñecidos e ata as veces unha parte de nós desexa que volvamos a coincidir de novo na próxima exposición.

Vamos a seguir traballando por, e para vós. Nós estamos encantados con cada cliente que se nos achega a preguntar por un orzamento.

Adiante, esta empresa non sería nada se vós non estades detrás.

Graciñas