E é que unha casa limpa non ten o mesmo efecto visual que unha casa limpa e ordenada. Todo se volve máis sinxelo á hora de limpar cando cada obxecto ten o seu lugar no seu andel ou armario. O tempo de limpeza redúcese ata a metade, por tanto o tempo de lecer alóngase considerablemente.

Que sinxelo se volve todo cun pouquiño de organización. Hai que ser constantes para ver os resultados, e aínda que pareza un pouco difícil o que vos estou comentando non o é.

É lóxico que ao principio digades que leva máis tempo ordear que deixar todo no primeiro lugar que encontredes baleiro.

E é que está demostrado que se perde gran parte do noso goce en tarefas do fogar. Para iso darémosche uns pasos para que todo sexa máis fluído á hora de poñer a punto o voso fogar.

Mirade que sinxelo: Gardar as cousas en canto chegues a casa (abrigos, bolso, carteira….) Ter un lugar para cada cousa, e poñer cada cousa no seu sitio inmediatamente.

As camas feitas todos os días (se pode ser antes de saír de casa) Recoller a casa antes de saír de ir durmir e antes de saír.

Cando esteades a cociñar e tes algo nos fogóns ou no forno, aproveita a varrer, fregar, quitar o po….. pero non te esquezas da comida!!!.

Verás que con estes pequenos trucos a túa casa verase limpa e ordenada sen ter que prescindir do teu tempo de lecer.

Saúdos.