Din que non hai maior pracer que disfrutar das pequenas cousas da vida.

A música, o café, un  bo libro e como non, o chocolate.

O chocolate é o alimento que máis se consume por excelencia. ¿ A quén non lle gusta unha onza de chocolate despois da comida?. A verdade é que é un vicio para min. Aínda que se debe tomar en moderación polos seus valores calóricos, o chocolate é sen dúbida o mellor doce.

Non nos debe estragar o momento de disfrute unha mancha na nosa roupa. Sempre imos a ter unha solución rápida para estes contratempos.

É moi sinxelo eliminar manchas de chocolate da roupa de algodón, polo xeral, a mancha desaparece cun lavado sinxelo. Para facilitar a eliminación da mancha, podedes deixar que o chocolate se seque e rascar a máxima cantidade posible cun coitelo de manteiga. Tamén podedes apricar peróxido de hidróxeno no lugar afectado despois de comprobar que a tela non se estropea con este producto.

Os pasos a seguir no tratamento de manchas de chocolate son as que seguirías para calquer mancha común:

  • Intentade limpar a mancha tan pronto como se produce ou al menos, aclarar con abundante auga para reducir o seu tamaño.
  • Leede as etiquetas da prenda para conocer o tipo de texido que estades tratando  neste momento.
  • Asegurádevos da tela que debedes tratar.
  • Deixade actuar suficiente os productos aplicados. En ocasións, a presa por limpar unha mancha da prenda fai que retiremos o producto demasiado pronto fixando a mancha a prenda.
  • Non frotedes as manchas en exceso, a tela pode chegar a  estropearse.
  • Proba os productos químicos nunha zoa discreta da prenda; deste modo, se a prenda resulta afectada, non a  estropearedes.

Loitemos por aquelo que nos gusta e que nigunha circunstancia nos amargue o momento.

Saúdos.