En apenas once días chega de novo a “volta ó cole”. Comezamos ca rutina. Aos nenos xa se lle notan os nervios e as gañas de volver a ver ós seus compañeiros de clase.

Pola contra, para algún peque será o seu primeiro día de cole. Os choros, o desapego dos pais, unha nova andadura para eles está por comezar. Para os pais os nosos meniños fanse grandes, escapan, xa non son aqueles bebés que estaban pegados a nós. Agora vanse a facer independentes sí ou sí.

E como non, adaptar os horarios laborais ó periodo de adaptación. Para moitos pais faise “misión imposible”, e é comprensible. Sempre pensei que o colexio se teña que adaptar un pouco a vida familiar, o que se chama conciliación familiar, e canto máis avanzamos (para a miña humilde opinión) é ó revés.

Xa temos preparados os mandilóns, as bolsas das merendas, os libros, as mochilas……. E os “nosos bolsillos”. Para moitas familias a volta ó cole suponlle un sacrificio enorme. Vendo o que custa o comezo de curso non é de extrañar.

Agora que os nenos xa están listos para a volta ó cole, tócanos os pais poñernos o día de trucos para a limpeza de manchas de bolígrafo, herba na roupa, pintura………  Para iso témonos que armar con un pouco de pacenza, xa que ás veces as tarefas non son doadas.

Hai un dito que di que cando un neno ben sucio é porque o pasou ben. Pois ben, tomémolo con humor cando vexamos chegar os nosos fillos todos “porquiños” por diversión e non lle botemos a “bronca do mes”.

Unha das manchas máis frecuentes é a do bolígrafo. Para isto temos varias solucións. Se a mancha está todavía fresca, retira a máxima cantidade de tinta cun pano limpo. Se está seca, molla un algodón en auga e intenta retirar a máxima cantidade posible de tinta.Despois coloca un pano limpo debaixo da prenda no lugar no que está a mancha e humedécea con alcohol ou quitaesmalte. Axúdate doutro pano para retirar a mancha, cambiándoo cando este esté manchado.

Se aínda así se resiste, podedes probar con vinagre branco repetindo o proceso anterior. E se é moi resistente, crema de afeitar sobre a mancha e retirala cun paño limpo.

Hai manchas que son mais doadas de limpar, as acuarelas é unha delas. Se a mancha é reciente con lavala no momento é suficiente, pero tamén lle podedes botar unha parte de auga osixenada por dúas de auga e frotar cun pano limpo.

Se a mancha xa está seca, auga tibia e glicerina en partes iguais e a continuación lavar a roupa como de costume.

Se a prenda é de liño ou de algodón, as manchas recentes con aguarrás.

Sen dúbida algunha, a mancha de herva é por excelencia a que máis preocupa.

Pódese preparar de varias maneiras.  O bicarbonato sódico, por exemplo. Sumerxe a prenda con auga e bicarbonato ata que o verde desapareza; logo lavala con abundante auga fría.

Por outro lado, o amoniaco e o alcohol son tamén un bo aliado. Só tendes que  facer unha mestura cunha parte de amoniaco, dúas partes de alcohol e tres de auga quente. Mollade ben un algodón e frotadeo sobre a prenda; veredes que pouco a pouco o verdín vai perdendo intensidade. A continuación lavade a prenda de forma habitual.

Espero que estes conselliños vos sirvan de axuda.

Bo comezo papis.