Unha horta é algo que todos podemos facer. Prantar unha semente debería ser un coñecemento básico nas escolas, e convertirse na acción de cada día…..

A horta gaña o cariño de todos, non lle importa a idade. Sen mais, os pequenos da casa son os mais agradecidos. Sempre hai paseos para sacar as fabas e degullalas, para coller o sacho e imitar os maiores cas súas tarefas…… e todo isto colaborando con nós e disfrutando da maxia da terra.

Ten moitos máis beneficios para os peques da casa. A hora de regar son os primeiros que se apuntan a facer a labor. E como non, descubren multitude de bichiños que para os nenos curiosos (como as miñas fillas) sería a mellor diversión.

O mellor da horta na casa é que nos podemos alimentar sanamente, que non hai químicos nin fertilizantes, e tamén estamos axudando o planeta e a nosa familia.

Moitas veces serve como terapia para momentos de baixón. A horta é a nosa amiga….. é un gran vencello ca natureza.

Para manter a nosa horta é moi doado. Só temos que buscar a parte máis soleada do xardín. É importante deixar espacio suficiente para desplazarse ó redor, regar, arar a terra etc……

Hai que mover a terra para que se ablande e osixene. O lugar que elixas ten que estar libre de pedras, malezas e pasto. A terra ten que estar solta para que a sembra teña mellores resultados. O  abono será o máis natural posible; así os alimentos terán mellores nutrintes.

A semente deberedes colocala non moi profunda e cunha distancia entre elas considerables para que poidan medrar sen que lle queiten a auga e os nutrientes a outros cultivos.

E como non o rego nas horas que faga menos calor, así aproveitarás moito mellor a auga.

Como observades calquera pode ter unha horta, Eso sí, os comenzos son duros. Teremos perdas as primeiras veces da colleita, pero esto servirá para aprender para as próximas ocasións.

A recompensa é levar á mesa productos ecolóxicos. Aprenderemos dos novos sabores e olores, xa que son completamente diferentes ós que compramos no supermercado habitual.

Non hai como a comida da casa. ¿ qué opinades?