Dende fai uns anos para aquí noto como o tempo pasa sen darme de conta. Os días fanse pequenos, e as etapas da vida esfúmanse coma o aire.

Fai seis anos que experimentei a maternidade, e dende aquela podo decir que pasan os anos moito mais rápido do que eu quixera. Cando eramos xóvenes estabamos desexando ter os dezaoito anos para poder sacar o carnet de conducir. Buscamos a independencia relativamente cedo, e por se fora pouco, pensabamos que nos comiamos o mundo.

Podo decir que estes anos que me pasaron por enriba serviron para darme conta de que o que está aí fora non era o que eu me imaxinaba. Madurei a base de “golpes”, cousa que me serviu para chegar a onde estou hoxe en día.

Síntome afortunada de ter unha familia ó meu lado como a que teño, chea de amor, paz e serenidade, cunhas fillas que me enchen de orgullo.

As miñas pequechas fixéronme ver que o meu límite de pacenza é moi curto. Tiven que aprender a contar ata dez en multitude de ocasións e a chorar en calado. Pero unha cousa que me ensianron as miñas pequechas é que no seu mundo non hai orgullo nin rencor. Non existe a maldade. Despois dun choro sempre ven un abrazo e aí pecha a ventá “dos horrores”. Disto deberiamos aprender os maiores. De seguro que seriamos moito máis felices; viviriamos sen rencores e odios que non serven para nada. En certos momentos non estaría nada mal ter “memoria de peixe”. :)………..

Consello desta quincena:

Hoxe vámoslle prestar especial atención os trapos que usamos habitualmente na casa para realizar as diferentes tarefas de limpeza.

Os trapos ou baietas poden ter ata seis veces máis bacterias que o botón da cisterna do noso váter, según o último estudio feito no Consello de Hixiene Global. Fregamos cunha mesma baieta a encimera da cociña, a mesa onde comemos, o fregadeiro ou mesmo as cacerolas. Non nos decatamos que estamos a formar un foco de contaxio importante para a nosa saúde.

Por tanto, hay que procurar telas o máis limpas posibles.

Para iso é mellor ter unha baieta para cada cousa. Xa sexa baieta ou paño, usa unha para cada cometido; unha para encimera, outra para os restos da comida, outra para os baños, etc….

A mellor opción de limpeza son a lavadora e o lavavaixelas. Se optades pola lavadora, aconséllovos que non utilicedes nin suavizante nin lixivia, porque degradan bastante as baietas ou paños. Se preferides o lavavaixelas sería recomendable que a metérades o mesmo tempo que lle fagades a limpeza. Así as graxas serán eliminadas por completo.

Tamén veredes que a vida dos vosos paños será máis longa.

Espero que vos serva de axuda.