“As vacacións consisten en non ter nada que facer e dispoñer de todo o día para facelo”. Robert Orben

O que máis me gusta das vacacións é que non temos que estar atentos ó noso reloxo. As horas de descanso son as que marcan o noso propio corpo e as noites fanse para disfrutar sen límite de horarios.

Problema….que se fan curtas.

Todos temos preferencias. Pódese optar por mar, montaña ou turismo rural.

Eu opto pola casa rural. Dende  hai sete anos  visito sempre unha fermosa casa rural na zona de A Estrada. As súas espectaculares vistas fante evadir do día a día. 

Levantaste co único son  de fondo dunha fermosa fonte. Almorzamos no porche da casa un cafeciño con tostas e marmelada,  un zumo do laranxeiro e respiramos natureza e aire puro. Para comezar o día xa non está nada mal, ¿non vos parece?.

Para xantar,  unha fermosa palleira con lareira; mil posibilidades, optando casi sempre por un churrasco en boa compaña.

E como non, unha das mellores partes da casa, a piscina. A ubicación non podía ser mellor. Dende ela disfrutamos dunhas panorámicas que fan que o peche do día nos traslade ó paraiso.

Non fai falla alonxarse moito para poder disfrutar da natureza, do relax e ter unhas vacacións únicas.

Esa paz que temos no rural, o aire limpo que respiramos, e esa sensación de que non hai nada mellor, fan que para min sexan as miñas vacacións perfectas.

¿E vós que opinades?. Eiquí o deixo.

Esta quincena optei por algo diferente. Adentrarme no mais fermoso que temos na nosa terra; as nosas paisaxes, as nosas aldeas, o noso verde.

Espero que pasedes unhas boas vacacións.