Dende ben pequenos nos marcan os pasos  que temos que seguir. Dende logo eu, sempre me marquei o meu propio ritmo. Pódome considerar unha muller “rebelde de natureza”; que lle vou a facer??

Non me gusta que me digan o que teño que facer, non soporto que me leven a contraria, e todo ten que ser á miña maneira…en fin, que todos temos as nosas manías, e eu non ía ser menos…

Sempre fun unha persoa decidida a sairme ca miña sen ter que depender de nadie. Agora eu, fago todo o contrario ó que fixen na miña vida, adicarme a dar consellos. Que ironía!!!!!!

Levar unha casa non é tarefa doada, e moito menos cando un traballa, ten horarios axustados,e hai fillos por medio “axudando” a manter a orden do fogar….

Hoxe quérovos ensinar uns pasiños que debedes ter en conta a hora de facer a coada.

Vamos a comezar por separar a roupa por cores, suciedade e tipo de tecido (lan, algodón, sintético, mezcla, etc…).

 A roupa moi sucia convén darlle un programa de prelavado. Hai manchas que son difíciles de eliminar: as de fruta, chocolate, óxido, etc….. deben de levar un tratado antes de poñelas na lavadora. Eso sí, non abusedes da lixivia. É un remedio moi práctico pero en sucesivos lavados desgasta os tecidos, así que reemplacémola polos blanqueadores. Tamén temos que respetar as instruccións do fabricante.

Intentaremos non cometer erros  cando fagamos a coada. Un moi habitual é sobrecargar a lavadora. Poñer a lavadora demasiado chea supón que a roupa non se mova o suficiente, e leva consigo que poida saír con restos de xabón ou incluso sucia; polo tanto,é probable que teñades que repetir o lavado. Unha carga excesiva, sobrepasando a recomendación de carga do fabricante, fai que o motor da lavadora traballe con esforzo, e pode que se produzan desperfectos no aparato, motivo polo cal, debedes prestar especial atención a este apartado.

O exceso de carga, tamén acelera o deterioro das prendas de roupa. Por todo isto, se recomenda que vaia cargada nas 3/4 partes da súa capacidade todal. Deste xeito, aforraremos tempo e cartos.

Toda a vida vimos na nosa casa como os calcetíns, medias e pendas pequenas se desemparellaban. Para iso podemos metelas nunha bolsa de tea ou se é o caso, nunha funda de almofada. Verás que nunca máis perderás máis prendas.

Hoxe en día, a maioría dos fogares contan cunha secadora. Temos que mirar ben as etiquetas dos fabricantes para saber se son aptas, xa que se poñen a temperaturas elevadas, e non todos os tecidos as soportan.

Recomendámosvos que colguedes a roupa inmediatamente despois de que remate o lavado; isto evitará que a roupa se enrugue ou colla mal olor. É importante colgar a roupa en lugar aireado. Se é roupa branca, se é posible, tenderemos ó sol; pola contra, se é de cor escura, farémolo na sombra. Importante é tamén que, unha vez seca, non a deixedes moito tempo colgada, xa que se reseca e teredes máis difícultades á hora de pranchar.

A última tarefa é a prancha. Importa moito a temperatura individualizada por prenda, xa que cada tecido necesita un trato específico. Tomádevos o voso tempo para poñervos cómodos, colocando a mesa á altura adecuada, e si fora necesario, colocando un alzador para unha das pernas; desta maneira, a vosa espalda non sufrirá tanto. Tamén hai taburetes específicos para levar a cabo sentados esta labor; eso queda á vosa elección.

Agora xa estamos preparados para facer unha boa colada e sair da casa coma “pinceis”.. Non vos asustedes, é doado, soamente dádevos tempo.

Facendo o teu mundo mellor……..