Encántame comezar o día vendo como o sol entra polas contras; poder respirar ese aire fresco cando se abren as fiestras polas mañás, non ten prezo. E como non, o noso estado de ánimo actívase cada vez que vemos os raios de sol asomar. Na nosa Galiza non estamos acostumados a ver moito tempo a “Lorenzo”, por iso, os meses de verán para nós son eternamente desexados.

Co sol chegan os maios, as árbores énchense de froitos, os días fanse máis grandes e as gañas de sair a desfrutar do sol incrementan según pasan as horas. Visitamos por primeira vez  as praias, mollamos os pes e relaxámonos co son das olas do mar.

Enfiando a recta final de Xuño, chega o preciado Verán, e empuxando, peta á porta a noite máis curta do ano, a do 23 de Xuño, onde as cacharelas arderán. As tradicións desta noite máxica faranse notorias en tódalas partes do noso mapa, con grandes e pequenas fogueiras, que purificarán a quen as contemple, e darán sorte a quen as salte.

Cada fin de semana Galiza vístese de romarías, verbenas,  festas gastronómicas e de raíz……….. e un sinfín  de festexos nos que podemos aproveitar estas noites máxicas de verán.  Tamén axuda a súa beleza paisaxística, con vistas verdes, campos florecidos, e unha morea de lugares por visitar.

Tamén comenzan as vacacións, o relax instálase na nosa mente. O reloxo non nos acompaña na nosa muñeca e non temos definidos uns horarios. Descansamos, comemos tranquilos, un pouco de praia ou piscina, e pola noite toca terraceo para rematar o día. Como decía un home que conocín nun viaxe de pracer “vivimos nos mundos de Yupi por uns días” e tal parece que sí ¿non creedes?. A min paréceme que sí.

Podemos decir que co sol se lle pode dar oficialmente a benvida a tempada das barbacoas. Churrasco, criollos, chuletóns e máis carnes fan que a parrilla se encha de graxa. Si queremos conservar en bo estado a parrilla, non debemos esquecervos de darlle unha limpeza a condiciónss. Antes de que enfríe, cando xa esté morna, pasámoslle unha toalliña das que utilizamos cos pequenos da casa. As graxas que queden pegadas no metal fregarémolas cun nanas “non raia” e con amoniaco con deterxente. Logo aclararemos con abundante auga e secarémola cun trapo de algodón para non deixar pelusillas.

Agora todo está listo para a próxima comilona.

Bo comezo de verán.

Facendo o teu mundo mellor……….