Sempre nos dixeron que a preguiza non era boa compañeira e que os atallos non nos levaban a bo sitio, pero hoxe, vouvos demostrar que a limpeza non vai da man do refraneiro.

Vamos a facer a vida un pouco máis sinxela. Así que remanguémonos e poñámonos ó lío.

A todos nos gusta comer ben, un bo postre, e tomarnos un cafeciño despois. Tomamos moitos ó longo da vida, pero nunca lle prestamos a suficiente atención a nosa apreciada cafeteira. Isto fai que o aparello sufra, que vaia en contra da nosa saúde e a vida da cafeteira se acurte. Para iso, soamente fai falla que de vez en cando a poñamos a funcionar con auga e unhas gotas de vinagre. Así desaparecerán todas as acumulacións de residuos nos seus fondos. Veredes incluso, que o sabor do café mellora notablemente.

Non a todo o mundo lle gusta o café negro…. ós que nos gusta cortado, abriremos o frigorífico para coller o leite, momento no que, en ocasións, podemos percibir olores desagradables. Estos débense á acumulación de bacterias producidas polos alimentos e as bebidas. Non se lle adica tempo suficiente á limpeza do frigorífico, por iso convén facerlle dous lavados ó mes con bicarbonato e auga morna. As gomas das portas, limparémolas cunha solución de auga e deterxente de lavavaixelas para que teñan unha larga duración.

¿Qué decir da hixiene bucodental? Lavámonos os dentes tres veces ó día como mínimo, pero nunca pensamos que os cepillos necesitan tamén un mantemento. A mellor maneira de telos limpos, é coller un vaso cunha pouca auga e un chorriño de vinagre. Deixarémos os cepillos toda a noite a remollo e pola mañá enxuagarémolos en auga. Veredes que os cepillos de dentes non se poñerán negros e que sempre estarán como novos.

¿Qué mellor sitio para facer unha boa dixestión que no noso sofá?. Lástima desa mancha persistente que estamos vendo na alfombra, e non nos deixa relaxar…. Pois non hai que preocuparse; botádelle un chorro de vinagre na mancha e un pouco de bicarbonato. Deixade actuar ata que lle aparezan as burbullas e  frotade cun trapo húmido e branco. Deixade secar e veredes os resultados.

Outro problema habitual nas alfombras, é cando están apisonadas: non pensedes que esa pisada do sofá ou da pata dunha mesa vai a quedar aí para o resto dos seus días. Todo ten solución. Só tendes que coller a prancha, encendela, e poñela a uns centímetros da alfombra. Logo peinala cun peine e deixala secar. Veredes que queda coma nova e lista para poder usar.

Para hoxe xa lle botamos vontade suficiente ás tarefas do fogar. Agora sí, chegou o momento sofá……

Facendo o teu mundo mellor………………